Saltar ao contido

Johannes Rydberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohannes Rydberg

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(sv) Johannes Robert Rydberg Editar o valor en Wikidata
8 de novembro de 1854 Editar o valor en Wikidata
Halmstad, Suecia Editar o valor en Wikidata
Morte28 de decembro de 1919 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
parroquia da catedral de Lund, Suecia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio do norte de Lund 55°42′57″N 13°11′29″L / 55.71589, 13.19139 Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Lund Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, profesor universitario, matemático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Lund (1880–1915) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Ридберг Йоханнес Роберт)
Obálky knih,
Dicionário Biográfico Sueco (pt) Traducir, lang: lingua sueca Editar o valor en Wikidata

Johannes (Janne) Robert Rydberg (|ˈryːdˌbærj|), nado en Halmstad o 8 de novembro de 1854 e finado en Lund o 28 de decembro de 1919 foi un físico sueco, coñecido principalmente por desenvolver a fórmula de Rydberg en 1888, que se emprega para describir as lonxitudes de onda dos fotóns emitidos por cambios no nivel de enerxía dun electrón nun átomo de hidróxeno.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Rydberg naceu no sur de Suecia, fillo único de Sven Rydberg e Maria Anderson Rydberg. Cando tiña catro anos faleceu o seu pai, e a familia viuse obrigada a vivir cun pequeno salario. En 1873 graduouse no Halmstads elementärläroverk, onde recibiu notas altas en matemáticas e física. Máis tarde entrou na universidade de Lund e dous anos máis tarde logrou o seu grao. En 1879 recibiu o seu doutoramento coa disertación "Konstruktioner af kägelsnitt i 3- och 4-punktskontakt".[1]

Rydberg comezou a súa carreira como amanuensis na institución. Converteuse en profesor de matemáticas en 1880, e en 1882 converteuse en profesor de física. Nese tempo comezou a estudar a masa atómica estándar, porque se preguntaba cal era a razón do incremento aparentemente aleatorio na masa dos átomos na táboa periódica de Mendeleiev. Procurou unha fórmula durante varios anos sen conseguilo.[2]

O seu seguinte traballo foi investigado o espectro atómico, explicando por que ocorrían.[2] As investigacións de Rydberg foron precedidas polas de Johann Jakob Balmer, que presentou unha fórmula empírica para as liñas espectrais visibles do átomo de hidróxeno en 1885.[3] Non obstante, a investigación de Rydberg levouno a publicar unha fórmula en 1888 que podía ser empregada para describir as liñas espectrais non só do hidróxeno, senón tamén doutros elementos. Trala súa publicación en 1890 sobre a materia,[4] Rydberg volveu á súa investigación sen froito sobre a táboa periódica.[5]

Rydberg presentouse para ser profesor en 1897, mais a pesar das recomendacións dos expertos na materia foi rexeitado. Porén, converteuse en profesor extraordinario. Non foi ata 1909 cando foi ascendido a profesor.[6] Para gañar cartos extra traballou a tempo parcial como examinador numérico no Sparbanken de Lund dende 1891 e como actuario en Malmö dende 1905.[7]

En 1913, Rydberg púxose enfermo e viuse obrigado a rebaixar o seu ritmo de investigación, e en 1915 tivo que abandonalas a causa da súa doenza.[8] Morreu o 28 de decembro de 1919 no hospital de Lund e foi sucedido polo seu alumno Manne Siegbahn.[9][10] Rydberg está enterrado no cemiterio do norte de Lund, e foi sobrevivido pola súa esposa Lydia Carlsson (1856-1925), o seu fillo Helge Rydberg (1887-1968) e a súa filla Gerda Rydberg (1891-1983).

  1. Hamilton, Paul Charles (1992). Janne Rydberg: a physicist in 19th-century Sweden. Cambridge, Massachusetts. pp. 26–30. 
  2. 2,0 2,1 Litzén, Ulf (2015). Fysik i Lund under 300 år (en sueco). Lund: Lunds universitetshistoriska sällskap. pp. 71–75. ISBN 9789175453200. 
  3. Magie, William Francis (1969). A Source Book in Physics. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press.  p 360
  4. Rydberg, J.R. (1889). "Researches sur la constitution des spectres d'émission des éléments chimiques" [Investigations of the composition of the emission spectra of chemical elements]. Kongliga Svenska Vetenskaps-Akademiens Handlingar [Proceedings of the Royal Swedish Academy of Science]. 2nd series (en francés) 23 (11): 1–177. 
  5. Litzén (2015). Fysik i Lund under 300 år (en sueco). p. 96. 
  6. Leide, Arvid (1954). "Janne Rydberg och hans kamp för professuren". 
  7. Hamilton (1992). Janne Rydberg: a physicist in 19th-century Sweden. p. 46. 
  8. Litzén (2015). Fysik i Lund under 300 år (en sueco). p. 84. 
  9. Hamilton (1992). Janne Rydberg: a physicist in 19th-century Sweden. pp. 47–48. 
  10. Martinson, I.; Curtis, L.J. (2005). "Janne Rydberg – his life and work". Nuclear Instruments and Methods in Physics Research Section B: Beam Interactions with Materials and Atoms (en inglés) 235 (1–4): 17–22. Bibcode:2005NIMPB.235...17M. doi:10.1016/j.nimb.2005.03.137. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Mike Sutton, "Getting the numbers right the lonely struggle of Rydberg Chemistry World", Vol. 1, No. 7, xullo de 2004.
  • Martinson, Indrek; Curtis, L.J. (2005). "Janne Rydberg - his life and work" (PDF). NIM B 235: 17–22. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. "Johannes Rydberg". MacTutor History of Mathematics archive, University of St Andrews (en inglés).